XXVII Xornadas de Filosofía

outubro de 2022

Ainda que inicialmente a édición XXVII das Xornadas de Filosofía de Vigo estaba prevista para outubro do ano 2020, ante a situación de crise sanitaria, a organización decidiuna para tempos mellores.

Vista a evolución da pandemia, a organización ten acordado celebrar as XXVII Xornadas de Filosofía no mes de outubro de 2022. Durante a terceira semana do mes de outubro, o Auditorio Municipal, sito na praza do Rei, 1 de Vigo (Pontevedra), será un lugar de encontro para todas aquelas persoas interesadas en temas relacionados coa Filosofía da Ciencia.

Se está interesado nesta actividade e desexa estar informado sobre o tema a tratar, ponentes invitados, horarios… poder premer o botón de “seguir” para recibir novas ou enviar unha mensaxe a xornadasfilosofiavigo@gmail.com

Temática e ponencias das edicións anteriores

Ano 2019 (Pensamento e intelixencia artificial)

2019_cartel.jpg

Contido e relatorio das Xornadas de Filosofía (ano 2019)

imagen XXVI

                                  Vídeos

1.

A intelixencia artificial en perspectiva ética / Poden pensar os algoritmos? 

2.

A alma dos robots: filosofía cidadá para a tecnoloxía do século XXI / Aplicacións da intelixencia artificial na medicina / Os próximos 20 anos na intelixencia artificial

3.

Intelixencia artificial: verdades e mitos / Como a intelixencia artificial está cambiando a ciencia

4.

Intelixencia artificial: un reto para o século XXI / Pode un robot chegar a ter sentimentos

 

Curso de extensión universitaria da UNED - Centro asociado de Pontevedra (Aula de Vigo)

 

Colaboracións

colaboracion

Na base de datos do administrador desta páxina non existen datos suficientes das edicións VI, VII e X das Xornadas de Filosofía polo que non se poden ofrecer todos os seus contidos.

Facemos un chamamento a aquelas persoas que dispoñan documentación  das xornadas referidas para que colaboren con nós enviando carteis, programas, etc. a algunha das seguintes direccións

xornadasaletheia@yahoo.es

xornadasfilosofiavigo@gmail.com

Ano 1996 (Filosofía da bioloxía hoxe)

VIII Xornadas de filosofía

As VIII Xornadas de Filosofía confluiron coas Primeiras Xornadas Internacionais de Filosofía da Ciencia que dedicadas a “Filosofía da bioloxía hoxe” se celebraron na cidade de Vigo no ano 1996. Esta actividade estruturouse en conferencias, mesas redondas e debates que abordaron diversos temas tales como a evolución, o modelo metodolóxico e a ciencia e os valores. 

Co gallo desta actividade, celebrouse a Reunión Bienal da Académie Internacionale de Philosophie des Sciencies.

Contido e relatorio das Xornadas de Filosofía (ano 1996)

Publicación das ponencias das xornadas

Ano 2000 (Filosofía, sociedade e cultura)

10_2000.jpg

Contido e relatorio das Xornadas de Filosofía (ano 2000)

Publicación de contidos (Xornadas IX-X)

Na base de datos do administrador desta páxina non existen datos suficientes da edición X das Xornadas de Filosofía polo que non se poden ofrecer todos os seus contidos.
Facemos un chamamento a aquelas persoas que dispoñan documentación  das xornadas referidas para que colaboren con nós enviando carteis, programas, etc.

Ano 1993 (Ética e poder)

7_1993_B.N

Contido e relatorio das Xornadas de Filosofía (ano 1993)

Publicación de contidos (xornadas VI-VII)

Na base de datos do administrador desta páxina non existe un cartel anunciador da edición VII das Xornadas de Filosofía.
Facemos un chamamento a aquelas persoas que dispoñan documentación das xornadas para que colaboren con nós enviando carteis, programas, etc.

 

Ano 1991 (Cultura e comunicación)

6_1991

Contido e relatorio das Xornadas de Filosofía (ano 1991)

Na base de datos do administrador desta páxina non existen datos dos relatorios da edicións VI das Xornadas de Filosofía polo que non se poden ofrecer os seus contidos.

Facemos un chamamento a aquelas persoas que dispoñan documentación  das xornadas para que colaboren con nós enviando carteis, programas, etc.

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos